Cabanas.- A Corporación de Cabanas reunirase o vindeiro luns á tarde para tratar as alegacións da CIG á modificación da RPT e ao orzamento municipal, así como a reclamación de D. Honorio Ferreiro ao orzamento. Ademais o goberno modificará a proposta de saneamento para Porto polo arranxo do vial Santa Cruz-Porcar, as causas son a falta de autorizacións para levar a cabo o proxecto.
Quedan pendentes de debate varias mocións do BNG sobre o día de Rosalía, Navantia, ILP pola sanidade pública e mais a do 25 de novembro, confírmanse os "despistes" do rexedor. Logo chega o Pleno ordinario e só caben as urxencias do PP...
Así, o voceiro municipal vén de declarar a raíz da publicación neste blog das intimidacións a que se ven sometidos que "o PP é responsable dunha votación que avergoña a Cabanas, dos votos da vergoña". Na súa opinión o goberno local "non se centra en atender os servizos básicos, a seguridade nocturna, o emprego ou o caso Area, senón en elaborar e votar propostas ridículas e propias dos tempos de María Castaña".

Image by elecktrampa via Flickr
CABANAS.- Tal e como anunciamos en anteriores entradas, o PP trata de censurar este medio de expresión a través da intimidación e da ameaza aos concelleiros do BNG. Por moitas leis que manipulen e moitas multas que lle impoñan a este proxecto guiaremonos polo ARTIGO 19 da DECLARACIÓN de DEREITOS HUMANOS: “Todo individuo ten dereito á liberdade de opinión e de expresión; este dereito inclúe o de non ser molestado por causa das súas opinións, o de investigar e recibir informacións e opinións, e o de difundilas, sen limitación de fronteiras, por calquera medio de expresión”. 
Que Augas de Galiza lle reclame ao Concello de Cabanas 477.575 euros non é problema do BNG, será problema do PP e da súa nefasta xestión. Oficialmente o BNG non ten constancia de ningún pagamento, posto que na documentación do Pleno de xaneiro non se constata ningún pagamento á Xunta. A preguntas do BNG o rexedor asegurou que queda pagar en 2012 unha débeda de 237.575 de común acordo co organismo autónomo.

Jorquera ofertou transaccionar un acordo co PP, máis para o BNG había dous aspeitos irrenunciábeis: o compromiso de construción do dique flotante e negociar na UE unha data de vencemento das limitacións sobre Navantia Fene
O PP en Cabanas vetou o debate de dúas mocións do BNG a prol do sector naval no último ano

Xosé Manuel, Teresa e Isabel en Horta
O Grupo municipal reclamará o asfaltado e anchemento do camiño de Horta, a colocación urxente de dous puntos de luz e mais o acceso a internet en igualdade de condicións en Regoela
Cabanas.- A candidatura do BNG, cando solicitou o voto porta a porta, comprometeuse a achegarse aos problemas reais da veciñanza. E cumprimos cun paso máis, comezamos a sección de resposta directa.
Así, o Grupo Municipal recibiu no buzón municipal unha carta da veciñanza de Horta, Regoela, en que manifestan os veciños da zona que a pista de acceso "está toda estropeada, é moi estreita e de noite non se ve por cerca das casas. Veñen os ladrós e fan o que queren, queres pasear tes que ir ca linterna, tampouco temos wifi de internet".

Os traballadores ao seu paso polo Areal
Cabanas.- O naval ferrolán invadiu hoxe A Coruña para defender o futuro do sector con máis de 5.000 manifiestantes que percorreron a cidade herculina. A protesta pechou a marcha a pé de tres días iniciada en Ferrol. O portavoz nacional do BNG tamén acudiu á manifestación.
Así mesmo deixaron nos Concellos de Fene e Pontedeume un escrito coas súas demandas que pasamos a transcribir e que os representantes municipais rexistrarán para o seu debate en Pleno.

Plenoparticipativo

nave-Ga en galego

Paseo virtual por Cabanas

Paseo virtual por Cabanas
Preme e mergúllate!

Galiza fala en galego

Galiza fala en galego
O 21-X do idioma de Nunca Máis

Redes sociais

Eume sen peaxe

O BNG apoia a supresión da peaxe do Eume e a construción do enlace da AP9 en Vidreiro.

A represión franquista en Cabanas, listaxe de asasinados

Juan Pereiro Maceiras (concelleiro da UR) Irís
Antonio Braxe Porta (da UR) Cabanas
Antonio Piñeiro, carteiro Porto
Xosé Rodríguez Braxe, “O Luxo” Cabanas
Xoquín Rodríguez Rodríguez, carteiro (exconcelleiro da ORGA) Lavandeira, Soaserra
Xosé Anca Vila, Cabanas (concelleiro en Mugardos)
Baltasar López Ardao, “Someiro” Regoela
Arturo Pereira López, labrego Regoela
Juan Pereira López, labrego Regoela
Jesús Bouza Pereira, labrego Regoela
Juan Sardiña Prieto, serrador Cabanas
Antonio Ameneiros Brage, labrego Cabanas
Constantino Bouza Pereira, labrego Regoela
Álvaro Puentes Antón, alcalde (da UR) Cabanas
Ramiro de Cerdeiras, labrego Soaserra
Ramiro Martínez Rodríguez, labrego Soaserra
Ramiro Carbón Fornos, “Lagoa” Soaserra
Manuel Eive Vilar, labrego Regoela
Manuel Buhigas, 1º Tte-alcalde (PSOE) O Areal, Cabanas
Arturo Cortizas, serrador Cabanas
Francisco Fornos, Laraxe
Adolfo Allegue Allegue, “O Riqueche” Porto
Constantino López, Cabanas